martes, 24 de setembro de 2013

Contrastes

Onte no cole empezaron as clases a tempo completo. Eso significa que papá déixame na porta do cole un pouquiño antes das 9 da mañán, e mamá venme recoller un pouco despois das 3 e media da tarde. Son moitas horas! Cinco horas de clase e despois a comer cos amigos do cole. Chego a casa tan canso que non perdono unha siesta!

Papá pensaba que hoxe igual xa se notarían os efectos na miña fala de tantas horas cós nenos e as profes. Non sei, que chegaría a casa coa camisola de Iniesta e cantando 'la Macarena', ou algo así. Pero non. Aínda así, papá non estaba preparado para os cambios que ía ver hoxe en min. Case lle dá un patatús: onte no supermercado púxenme a chupar o dedo, como os nenos pequeniños coma Pablo. Nunca o fixera antes. Por iso papá supón que llo vin facer a algún neno do cole. "Levalos ao cole pra que se lles pegue todo o malo!" -dicía todo enfadado! A min faime moita graza este papá cando se pon todo tolo!

Cousiñas como esa aparte, desde hoxe empeza para min unha educación de contrastes. No cole, "papelillos" e "proyectos - los bebés"...


...na casa, a nova revista do Xabarín Club!


Son moi pouquiñas as revistas e contidos audiovisuais que os nenos podemos desfrutar en galego, como para que aínda por riba no cole non teñamos nin un. Alguén me pode explicar por que?

2 comentarios:

  1. A miña experiencia esquizofrénica. Escola con 100 vacantes para 3 anos. Digo eu que 25 papás si quererán lingua galega para os seus fillos. Entra dentro do posible.

    Ben, pregunto se daquela se podería facer unha aula co galego como lingua vehicular. Resulta que non, a administración fai a famosa enquisa (foi o ano pasado xa) e os resultados son impostos a todo o alumnado dese curso. Dá igual que haxa 49 que si queiran lingua galega.

    Horrible, simplemente horrible

    ResponderEliminar
  2. Foi exactamente o meu caso. 75 alumnos a repartir entre 3 aulas, pasan a enquisa un día no que hai 40 e pouco pais, a tal enquisa non di "en que queres escolarizar o teu fillo" senon "cal é a lingua que usades na casa" ou algo asi. Só 7 ou 8 pais puxeran galego, pero cando fan saber que en base a eses resultados se escolle a lingua das aulas moitos pais que puxeran castelán protestan, pq falando castelán na casa queren galego na escola para os seus fillos. Ó final uns 30 pais de 75 escolleron castelán e a língua das 3 aulas será castelán. Non deron opción a 1 aula en galego e 2 en castelán. Non nos deberiamos engañar: o obxectivo desta xente é o exterminio do galego nas cidades. Cando pase unha xeración completa con contacto nulo coa língua, será moito máis doado acabar con esta "incomodidad del gallego".

    ResponderEliminar